21/9/14

Programa de Educación Emocional para a prevención da violencia

Programa editado pola Consellería de Cultura, Educació i Esport da Generalitat Valenciana para a súa implementación co alumnado de 3º e 4º da ESO. No libro, de carácter eminentemente práctico, expónse un programa de intervención para potenciar o desenvolvemento emocional e previr a violencia no contorno escolar, dotando ao alumnado de estratexias positivas de afrontamento da realidade e resolución de conflictos. Dito programa ten en conta os cinco compoñentes da intelixencia emocional enunciados por Goleman: "autocoñecemento, autocontrol, automotivación, empatía e habilidades sociais", e adhírese á definición de educación emocional aportada por Rafael Bisquerra, que a define como un proceso educativo, continuo e permanente dirixido a potenciar o desenvolvemento emocional como complemento ao desenvolvemento cognitivo para fomentar o desenvolvemento integral da personalidade.

Para acceder ao programa, fai clic na imaxe


http://www.asociacionaccent.com/informa/_recursos_inteligencia_emocional/2_proyecto_prevencion_violencia_adolesc.pdf
Fonte: Blog Crea y aprende con Laura

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada