2/9/14

Abuso e discapacidade intelectual

Guía editada no ano 2013 pola Fundación Carmen Pardo-Valcarce, a Consejería de Asuntos Sociales de la Comunidad de Madrid, e a Federación de Organizaciones a favor de Personas con Discapacidad Intelectual (FEAPS Madrid).

O obxectivo do manual é previr, detectar e intervir en casos de abuso ou maltrato a persoas con discapacidade intelectual. Trátase dun documento de sinxelo manexo que pretende dotar aos profesionais ou coidadores habituais que traballen con persoas con discapacidade intelectual das ferramentas necesarias para a prevención e a intervención. Máis concretamente, o texto inclúe:
  • Orientacións para a prevención.
  • Claves na detección dos abusos, onde se inclúen os sinais aos que hai que prestar atención, cómo planificar unha entrevista de valoración e cómo rexistrar a información.
  • A intervención do profesional ante un abuso, cuxas claves son a protección da víctima, coñecer o alcance da obriga de denunciar, a valoración da capacidade para decidir acerca da denuncia, o acompañamento durante todo o proceso, o manexo correcto da información e a intervención psicoterapéutica.
  • Nos anexos se presentan: un cuestionario de avaliación da posición da organización frente ao abuso, unha tabla de indicadores e posibles consecuencias dos diferentes tipos de abuso; y una explicación da importancia da figura do facilitador como apoio no paso das persoas con discapacidade intelectual polo sistema xudicial.
Para acceder ao manual, fai clic na imaxe

http://www.infocoponline.es/pdf/GuiaAbusoyDI2014.pdf

Fonte: infocoponline.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario