Guía da Fundación Márgenes y Vínculos de Andalucia destinada ás familias onde se aborda o tema dos abusos sexuais na infancia e na adolescencia.
O abuso sexual a menores é un dos malos tratos máis invisibles, pero non por elo menos frecuente. Son moitos os menores que sofren abusos na súa infancia, non so por posibles agresores descoñecidos, senón tamén e case sempre por familiares ou persoas próximas á familia. Pais e nais deben ter unha información adecuada sobre os abusos sexuais, os síntomas que poden observar nos seus fillos e fillas, como son os agresores e como se levan a cabo os abusos, e, sobre todo, como poder previr e prestar axuda.
Na guía abórdanse as seguintes cuestións:
- Presentación
- Concepto de abuso sexual
- Características do abuso sexual a menores
- Falsas crenzas sobre o abuso sexual
- Danos que pode xerar o abuso sexual
- Detección do abuso sexual
- Cómo saber se un menor está a ser abusado?
- Que facer se un neno ou adolescente está a sofrer abuso sexual?
- Cómo evitar que nenos e nenas sofran abuso sexual?
- Onde acudir e que facer legalmente?
- Teléfonos de interesePara acceder á información, fai clic na imaxeFonte: fmyv.es (Fundación Márgenes y Vínculos)
Tes un blog moi interesante e práctico para o profesorado e para quen o vosite.Eu sígote pero a veces xa me paso no tempo de adicar a estas cousas segundo se recomenda.Parabéns e saúdos para Angel tamén e para todos os excompañeiros.Rafael
ResponderEliminarMoitas grazas, Rafael.
EliminarUnha estupenda guía, Silvina. Grazas por compartir! Co teu permiso lévoma para o meu blogue. Un saúdo!
ResponderEliminarEncantada de que o fagas. Un saúdo para ti tamén.
Eliminar