27/9/14

Prevención do abuso sexual na infancia e na adolescencia. Guía para nais e pais

Guía da Fundación Márgenes y Vínculos de Andalucia destinada ás familias onde se aborda o tema dos abusos sexuais na infancia e na adolescencia.

O abuso sexual a menores é un dos malos tratos máis invisibles, pero non por elo menos frecuente. Son moitos os menores que sofren abusos na súa infancia, non so por posibles agresores descoñecidos, senón tamén e case sempre por familiares ou persoas próximas á familia. Pais e nais deben ter unha información adecuada sobre os abusos sexuais, os síntomas que poden observar nos seus fillos e fillas, como son os agresores e como se levan a cabo os abusos, e, sobre todo, como poder previr e prestar axuda.

Na guía abórdanse as seguintes cuestións: 
  1. Presentación
  2. Concepto de abuso sexual
  3. Características do abuso sexual a menores
  4. Falsas crenzas sobre o abuso sexual
  5. Danos que pode xerar o abuso sexual
  6. Detección do abuso sexual
  7. Cómo saber se un menor está a ser abusado?
  8. Que facer se un neno ou adolescente está a sofrer abuso sexual?
  9. Cómo evitar que nenos e nenas sofran abuso sexual?
  10. Onde acudir e que facer legalmente?
  11. Teléfonos de interese
    http://www.fmyv.es/pdf/prevencion/prevencion-abuso-sexual-infancia-adolescencia.pdf 
    Para acceder á información, fai clic na imaxe
    Fonte: fmyv.es (Fundación Márgenes y Vínculos)

4 comentarios:

  1. Tes un blog moi interesante e práctico para o profesorado e para quen o vosite.Eu sígote pero a veces xa me paso no tempo de adicar a estas cousas segundo se recomenda.Parabéns e saúdos para Angel tamén e para todos os excompañeiros.Rafael

    ResponderEliminar
  2. Unha estupenda guía, Silvina. Grazas por compartir! Co teu permiso lévoma para o meu blogue. Un saúdo!

    ResponderEliminar