Completa guía editada polo Concello de Vitoria-Gasteiz e dirixida ás familias do alumnado que persigue os seguintes obxectivos:
- Informar das posibilidades que ofrecen as novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).
- Alertar sobre os perigos asociados ao seu emprego.
- Promover prácticas seguras e hábitos saudables en Internet.
- Aprender estratexias para afrontar os principais riscos que conleva o uso das TIC.
Nos distintos capítulos que a compoñen, abórdanse as seguintes cuestións:
- As Tecnoloxías da Información e a Comunicación.
- Conceptos básicos de seguridade.
- Problemas de seguridade relacionados con menores.
- Medidas e ferramentas de seguridade.
- Algunhas preguntas e respostas.
- Recomendacións para unha conexión segura.
- A modo de recordatorio: Decálogo das recomendacións.
- Perspectiva legal.
- Glosario.
- Fontes de información: Webs de interese.
- Algúns lugares de aprendizaxe.
- Bibliografía.
Para acceder á guía, fai clic na imaxe
Fonte: Concello Vitoria-Gasteiz , recollida tamén en orientacascales
No hay comentarios:
Publicar un comentario