3/9/14

Orientacións para a valoración do alumnado con altas capacidades

Presentamos aquí un documento englobado dentro do Plan de actuación para la atención educativa al alumnado con necesidades específicas de apoyo educativo por presentar altas capacidades intelectuales en Andalucía (2011-2013). Trátase dunha  publicación que ten un  carácter práctico para o desenvolvemento da nosa función como orientadores, xa que aporta algunhas pautas para realizar unha valoración psicopedagóxica. Está editada pola Consejería de Educación da Junta de Andalucía.

A obra aborda algúns aspectos teóricos que fundamentan todo o proceso de valoración do alumnado con altas capacidades, -conceptualización, perfíles, procedementos de identificación e algunhas consideracións a ter en conta-, e remata coas referencias bibliográficas. No segundo bloque atopamos unha relación de anexos moi útil referida aos seguintes aspectos:
  • Anexo I: Instrumentos empregados para a valoración da alta capacidade.
  • Anexo II: Orientacións sobre instrumentos para a medición de aptitudes intelectuais.
  • Anexo III: Perfiles de excepcionalidade intelectual.
Para acceder á publicación, fai clic na imaxe

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~11006620/web/Nueva/archivos/paginas/archivos/Documento%20de%20Orientaciones%20para%20la%20valoraci%C3%B3n%20de%20las%20AACC%20intelectuales_%20pdf.pdf

Fonte: Blog Desorientad@s

No hay comentarios:

Publicar un comentario