-
Inscricións:Do 27 De Xullo o 02 De Setembro, ambos incluídos
- Requisitos:
- Requirirase estar en posesión do título de bacharelato ou título declarado equivalente, ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso.
- Páxina web:www.edu.xunta.es
- Contacto:ESCOLA SUPERIOR DE ARTE DRAMÁTICA DE GALICIA (ESAD) Rúa Poza Cabalo, s/n. 36212 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986 246 399 / 986 137 024
Fax: 986 138 075
esad.galicia@edu.xunta.es
www.esadgalicia.com - Organizada por:Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
A Escola Superior de Arte Dramática de
Galicia convoca probas de acceso ás ensinanzas de Arte Dramática nas
especialidades de: - Escenografía. - Dirección escénica e dramaturxia.
PROBA ESPECÍFICA O sistema de acceso constará dunha única proba que comprenderá dous exercicios.
1º) O primeiro exercicio, común a todas as especialidades, consistirá en dúas probas escritas: a primeira versará sobrea a análise dun fragmento dunha obra dramática e a segunda versará sobre a análise dun fragmento dun ensaio teatral. 2º) O segundo exercicio estará referido á especialidade pola que opten:
- Especialidade de Dirección Escénica e Dramaturxia: a) Proposta de escenificación sobre unha escena extraída das obras de lectura obrigatoria.
b) Escrita dunha escena ou texto a partir dunha situación dramática.
c) Comentario dun texto relacionado coa dirección escénica e a dramaturxia.
d) Proba de dirección de actores.
e) Entrevista persoal. - Especialidade de Escenografía:
a) Realización dun debuxo do natural.
b) Realización dun deseño de escenografía a partir dun texto proposto.
c) Comentario dun texto relacionado coa escenografía.
d) Entrevista persoal.
• LISTA PROVISORIA DE PERSOAS ADMITIDAS: 2 de setembro ás 14.30h.
• LISTA DEFINITIVA: 3 de setembro.
DATAS DAS PROBAS:
- Realización 1º exercicio: 4 de setembro.
- Resultados do 1º exercicio e reclamacións: 7 de setembro.
- Realización 2º exercicio: 8 de setembro.
- Resultados do 2º exercicio e reclamacións: 9 de setembro.
ADXUDICACIÓN DE PRAZAS E MATRÍCULA: 10 de setembro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario