Conxunto de consellos sinxelos para preparar a Selectividade. Experiencias doutras persoas que xa pasaron por ela.
Este é un blog de orientación educativa e académico-profesional para consulta da comunidade educativa. Para orientarte neste blog, tes que seguir as categorías que están á dereita e premer na que che interese.
28/5/14
20/5/14
Web do MECD sobre becas, axudas, subvencións e premios
Nesta web do Ministerio de Educación atoparás toda a información sobre becas, axudas, subvencións e premios.
PROBAS LIBRES FP 2014
Convocadas Probas de obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de FP na Comunidade Autónoma de Galicia para o 2014.
O obxectivo
destas probas é que as persoas participantes obteñan directamente algún
dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional,
sempre que demostren que alcanzaron os obxectivos establecidos no
currículo correspondente.

19/5/14
Acoso escolar e ciberacoso. Propostas para a acción
Documento editado por "Save the Children". Inclúe as seguintes cuestións:
Fonte: savethechildren.es
- Acoso escolar e ciberacoso dende a perspectiva dos dereitos da infancia
- Marco conceptual
- Investigación
- Recomendacións
- Proposta de pautas básicas para un protocolo de actuación ante o acoso e ciberacoso
Para acceder ao documento, fai clic na imaxe
Fonte: savethechildren.es
18/5/14
O maltrato entre escolares. Guía para pais
Guía sobre o bullying ou maltrato escolar destinada ás familias. Editada polo Defensor do Menor da Comunidade de Madrid.
Para acceder á guía, fai clic na imaxe
13/5/14
Guía para mellorar a atención ao alumnado inmigrante
Documento de referencia para ofrecer unha resposta educativa ao alumnado inmigrante. Parte das experiencias de boas prácticas realizadas dentro do proxecto "Retos y opostunidades para la inclusión social e integración de los menores inmigrantes en el sistema educativo", proxecto levado a cao en Logroño e no condado de Cambridge no Reino Unido.
No documento abórdanse as seguintes cuestións:
- Decisións básicas a nivel de centro
- Acollida do alumnado
- Seguimento e avaliación
- Recursos
- Materiais de traballo
Para acceder á guía, fai clic na imaxe
7/5/14
TDAH en 60 segundos
Este video facilita información básica sobre o TDAH (Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade) nun minuto, Dirixido a todo aquel que estea interesado en comprender mellor en que consiste o trastorno e cales son as características que o compoñen.
Material de apoio para o traballo en equipo relacionado co TDAH
Recurso para familias, persoal coidador e persoal docente de toda Europa concebido para a cooperación na asistencia aos rapaces e rapazas con TDAH. O manual, publicado na web tdahytu.es, consta de 5 partes:
- Falar do diagnóstico e tratamento.
- Mellora das destrezas para a educación e o estudo.
- Control de conductas.
- Reforzo das destrezas sociais e para a vida cotiá.
- Información adicional
Para acceder ao contido, fai clic na imaxe
INSTRUCCIÓNS ACCESO E ADMISIÓN ENSINANZAS SUPERIORES DE ARTE DRAMÁTICA 2014/2015
Publicáronse as instruccións para o acceso e admisión nas ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2014/2015.
O prazo para a inscripción na proba específica vai do 7 de maio ao 13 de xuño na secretaría da Escola Superior de Arte Dramático.
O prazo para a inscripción na proba específica vai do 7 de maio ao 13 de xuño na secretaría da Escola Superior de Arte Dramático.
INSTRUCCIÓNS ACCESO E ADMISIÓN NAS ENSINANZAS SUPERIORES DE MÚSICA 2014/15
Publicáronse as normas de acceso e admisión nas ensinanzas superiores de Música para o curso 2014/2015.
O prazo para inscripción nas probas vai do 7 de maio ao 6 de xuño na secretaría dos conservatorios superiores de música.
INSTRUCCIÓNS PARA O ACCESO E ADMISIÓN NA ESCOLA SUPERIOR DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAIS DE GALICIA 2014/15
Publicáronse as instruccións para o acceso e admisión na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia para o ano 2014/15
O prazo para inscribirse na proba específica vai do 7 de maio ao 12 de xuño do 2014 na secretaría da Escola.
INSTRUCCIÓNS ACCESO E ADMISIÓN NOS ESTUDOS SUPERIORES DE DESEÑO 2014/15
Publicáronse as normas de acceso e admisión nas ensinanzas superiores de Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2014/15.
Lugar para a inscripción na proba:
Secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño de Galicia
Prazo:
7 de maio a 6 de xuño
5/5/14
Son bulímica
Vídeo que amosa a historia dunha rapaza adolescente que padece unha enfermidade alimenticia, a bulimia. Vendo na televisión a outras rapazas que sofren o mesmo problema. decide deixar a enfermidade atrás. De utilidade para o profesorado-titor na ESO.
2/5/14
PROBAS DE ACCESO A ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES EN GALICIA. CONVOCATORIA 2014
A consellería de Educación ven de publicar a convocatoria de probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores correspondente ó curso 2014/15 para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente e cumpran dezanove anos no ano 2014.
Prazo de inscrición para realizar a proba: ata o 29 de maio.
Lugares de inscrición: na secretaría dos seguintes centros.
– Conservatorio Superior de Música da Coruña.
– Conservatorio Superior de Música de Vigo.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.
– Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
– Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
Data, lugar e horario da proba: A proba de acceso realizarase o día 6 de xuño ás 9.00 horas no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela, de acordo co seguinte horario:
– 9.00 h: presentación.
– Das 9.30 ás 10.30 h: Lingua Estranxeira (inglés ou francés).
– Das 10.30 ás 11.30 h: Lingua Castelá e Literatura.
– Das 12.00 ás 13.00 h: Lingua Galega e Literatura.
– Das 13.00 ás 14.00 h: Filosofía e Cidadanía ou Historia da Filosofía.
– Das 16.00 ás 17.00 h: Historia de España ou Ciencias para o Mundo Contemporáneo.
As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e copia da folla de solicitude de inscrición.
LIGAZÓNS:
Fonte: Blog de Mónica Diz Besada
1/5/14
Guía clínica para o trastorno negativista desafiante
Guía editada polo Instituto Nacional de Psiquiatría Ramón de la Fuente Muñiz da que son autores Josué Vásquez, Miriam Feria, Lino Palacios e Francisco de la Peña. Aborda as seguintes cuestións:
- Clasificación diagnóstica
- Epidemioloxía
- Aspectos socioculturais
- Etioloxía
- Curso e pronóstico
- Avaliación, diagnose e recomendacións xerais
- Tratamento
Para acceder á guía, fai clic na imaxe
Suscribirse a:
Entradas (Atom)