Ao longo do curso escolar, e especialmente ao inicio do mesmo, son moitas as demandas que o profesorado-titor fai ao orientador/-a en relación a diferentes dificultades de aprendizaxe que observa no alumnado. Dada a diversidade de demandas e alteracións poibles, grazas ao traballo efectuado polo E.O.E·.P. General de Castuera (Extremadura), dispoñemos dun material con indicadores que permiten detectar, e por tanto previr no alumnado, aquelas situacións de risco que poidan derivar en problemas de desenvolvemento ou necesidades específicas de apoio educativo ao longo da súa historia escolar.
Facendo clic na imaxe poderás acceder á totalidade de trastornos contemplados cos seus correspondentes indicadores.
Fonte: Orientación Andújar
No hay comentarios:
Publicar un comentario