Dende o equipo de Tuitorientadoras y Tuitorientadores de Guardia compartimos no mes de xaneiro tuits, infografías e recursos educativos abertos co hashtag en Twitter #sinpeligrosenlaRED. A iniciativa foi coordinada pola orientadora Mónica Diz e dou como resultado unha recompilación con Storify que ofrecemos aquí.
Este é un blog de orientación educativa e académico-profesional para consulta da comunidade educativa. Para orientarte neste blog, tes que seguir as categorías que están á dereita e premer na que che interese.
30/1/16
28/1/16
Galicia: Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017
De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, o próximo 1 de febreiro inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza nun centro de adscrición.
Accede á información facendo clic aquí
27/1/16
Grooming: ciberacoso sexual a nenos e nenas e adolescentes e a súa prevención
Vídeo de Pantallas amigas que describe cómo se produce o "grooming" (ciberacoso sexual a nenos e nenas e adolescentes) en Internet e aporta algunhas recomendacións para a prevención.
24/1/16
Vídeos sobre Formación Profesional
No blog da orientadora Mónica Diz Besada atopamos unha interesante recompilación de vídeos sobre as distintas familias da Formación Profesional.
Accede facendo clic aquí

20/1/16
10 recursos para reflexionar sobre a paz na aula
No blog aulaPlaneta atopamos unha selección de 10 recursos para traballar na aula o tema da paz. Fai clic na imaxe para acceder
17/1/16
Web do Ministerio de Defensa: opcións nas Forzas Armadas
Web do Ministerio de Defensa con información sobre as opcións para ingreso nas Forzas Armadas.
Accede facendo clic na imaxe
Eliximos o noso futuro: vídeos sobre estudos e profesións
Canal de YouTube do Proxecto Orienta Galicia cunha lista de reproducción de màis de cen vídeos sobre estudos e profesións.
Accede facendo clic na imaxe
Guías para protexer a privacidade dos menores en Internet: adolescentes e familias
A Agencia Española de Protección de Datos publicou dúas guías para concienciar a menores de entre 10 e 14 anos e aos seus pais e nais e profesorado sobre a importancia de protexer a privacidade na rede. Accede facendo clic nas respectivas imaxes.
Guía para menores: "No te enredes en internet"
Guía para pais e nais e profesorado: "Guíales en internet"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)