Este é un blog de orientación educativa e académico-profesional para consulta da comunidade educativa. Para orientarte neste blog, tes que seguir as categorías que están á dereita e premer na que che interese.
30/1/13
29/1/13
"Explícame qué ha pasado"
Esta guía, editada pola Fundación Mario Losantos Del Campo, axuda aos adultos a falar cos seus fillos e fillas sobre a morte dun ser querido.
Powered by
Issuu
Publish for Free
Día da Paz
"¡Que viva la paz! Por preguntar que no quede": Pequeno conto onde se explica qué é a paz
Powered by
Issuu
Publish for Free
25/1/13
"Guía para chicas" (2)
Esta guía editada polo Instituto Andaluz de la Mujer ofrece un conxunto de consellos prácticos sobre o que deben facer as mozas para previr e defenderse das agresións. Recomendable tamén para os rapaces.
"Guía para chicas" (1)
Esta guía editada polo Instituto Andaluz de la Mujer titúlase "Cómo andar por casa". Contén unha serie de consellos útiles referidos á distribución das tarefas no fogar.Recomendable tamén para os rapaces.
24/1/13
21/1/13
Recompilación de recursos web para traballar o día da Paz
Deixo aquí unha recompilación de recursos web para traballar o día da Paz. Distintos niveis.
Elaborada por Mª Asunción García Álvarez, mestra do C.E.I.P. VÍCTOR SAENZ (Mazaricos)
19/1/13
Técnicas de estudo
Sección de "Educasites.net" adicada ás técnicas de estudo. Acceso aos diferentes sitios que ofrecen recursos. Moi completa.
Atención educativa ao alumnado estranxeiro
Blog que ofrece un repertorio de ligazóns comentadas, actualizadas periódicamente e clasificadas por temas sobre diferentes aspectos de interese xeral para a acollida, a organización e o ensino do español como lingua estranxeira; materiais para superar o desfase curricular; actividades interculturais, etc. para o alumnado estranxeiro.
Guía para o profesorado sobre o acoso escolar
Guía en PDF editada pola Consellería de Educación de Canarias
18/1/13
Avaliación Inicial
Neste blog atoparás una recopilación de probas de avaliación inicial moi útiles tamén para a avaliación psicopedagóxica. Abrangue todos os niveis, de Infantil a Bacharelato.
17/1/13
Ser persoa e relacionarse
16/1/13
Recursos para atender á diversidade
Deixo unha web con numerosos recursos para a atención á diversidade.
Para acceder á información, fai clic aquí
15/1/13
Protocolos de detección e actuación nos casos de dislexia
"Estos protocolos han sido elaborados por un equipo de profesionales con la colaboración de Disfam (Asociación de dislexia y familia) y de la UIB (Universitat des Illes Balears), así como con la supervisión de profesores y profesionales de la Dirección General de Innovación y Formación del Profesorado. Esta herramienta de trabajo tiene como objetivo la detección precoz, y proporcionar estrategias para conseguir el éxito de este tipo de alumnado, así como acceder al aprendizaje en igualdad de condiciones..."
13/1/13
Dislexia
GUIA XERAL SOBRE A DISLEXIA: A asociación andaluza de dislexia (ASANDIS) ofrécenos unha guía moi completa con pautas para a identificación e o diagnóstico, a intervención na escola, na familia, e pautas para dar ao alumnado. Abrangue toda a escolarización. Accede á información facendo clic aquí
12/1/13
7/1/13
5/1/13
Acción titorial
Recursos para todos os niveis da ESO. Boa estructura
(Departamento de orientación do IES SAN JUAN DE LA CRUZ)
4/1/13
Técnicas de estudo
Materiais interactivos sobre técnicas de estudo
Tes que ir facendo clic nas distintas opción do menú.
Entrevista a dous expertos sobre o TDAH
Óscar Gómez Domínguez entrevista a dous expertos en TDAH (trastorno por déficit de atención): O Dr. Josep Antoni Ramos-Quiroga (Psiquiatra Coordinador do Programa de TDAH do Hospital Universitari Vall d'Hebron e Profesor Asociado da Universitat Autònoma de Barcelona) e o Dr. Josep Artigas Pallarés (Neuropediatra e psicólogo, Consultor Unidad de Neuropediatría do Hospital de Sabadell e Director do Centre Médico Psyncron).
Ana López Campoy, presidenta de TDAHVallès plantexará as preguntas que a audiencia fixo chegar a través de Facebook.
Emitido orixinalmente o 27 de decembro de 2012 polo canal de televisión por internet TDAHtv.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)