12/8/13

PREMIOS ESO AO ESFORZO E Á SUPERACIÓN PERSONAL CURSO 2012/13

A Consellería de Educación publicou hoxe a Orde de 22 de xullo de 2013 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e superación persoal correspondentes ao curso 2012/13. 


DOTACIÓN: 20 premios de 750 € cada un.

REQUISITOS:
1. Cursar durante o curso 2012/13 cuarto curso de ESO polo réxime ordinario en calquera centro da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en ESO.
3. Merecer un especial recoñecemento pola dedicación e esforzo demostrado ao longo da etapa en superar as súas dificultades, ben de tipo persoal, educativas e/ou do contorno failiar e sociocultural.
4. O perfil obxecto destes premios correspóndese co alumnado:
a) Que procede de contornos socioculturais desfavorecidos ou de contornos familiares disfuncionais que supoñan desvantaxe manifesta cara conseguir rematar os seus estudos.
b) En proceso de superación de enfermedades crónicas ou con disapacidades que condicionan o seu rendemento escolar, a súa relación persoal e a súa inserción social.
 
PRAZO: Ata o 20 de setembro de 2013
 
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es
  • Tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel utilizando o formulario normalizado disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario