16/10/13

Contra a intolerancia, a ritmo de Reggae

Rapsusklei, Sargento García, Morodo e moitos artistas máis únense nunha soa voz para concienciar a mozos e mozas e adolescentes de que "todos somos iguais, aínda que sexamos diferentes".
«Que el mundo es muy grande y no sobra nadie», di Lion Sitte, un madrileño de Vallecas, aínda que a súa cor negra non parece decir o mesmo. A súa familia é da Guinea Ecuatorial e ao mellor por iso é un dos 14 artistas que poñen voz e talento ó servizo dun "Reggae contra a intolerancia" que pretende "abrir ollos e mente", -como di o estribillo do tema- dunha sociedade que vive demasiado o desprezo ao diferente. 
«No usamos armas, arte y poesía son nuestras balas, para que crezca la conciencia», sigue Sargento García. Francés, fillo de pai vasco e nai francesa, e con conexións familiares a Arxelia e Costa do Marfil, asegura na súa web que a súa "era como una familia híbrida con moitas cores".
«Vivimos en la era del mestizaje», di outro dos versos a ritmo de reggae. É a mensaxe que o Movimiento contra la intolerancia, o Instituto de la Juventud e o Rototom Sunsplash Festival pretenden facer chegar a mozos, mozas e adolescentes, nun momento en que una vaga xenófoba e racista parece achegarse cada vez máis a España, cun discurso antiinmigración que distingue entre "os de casa" e os que non o son.
Unha canción, un video e unha campaña que pretenden igualar, alomenos, o éxito da edición anterior, na que o chamamento contra a intolerancia se facía desde o rap en lugar do reggae. Até seis millóns de reproduccións en Youtube acumula xa o «Rap contra el racismo» liderado por El Chojín desde 2011.
Desde a organización, apuntan a que a resposta de todos os artistas involucrados nesta nova canción —varias das voces máis destacadas da escena reggae española como Morodo, Rapsusklei, Sargento García, Aniki e moito máis— «ha sido espectacular, comprometiéndose como una sola voz».
Contra la intolerancia, a ritmo de Reggae
Reggae contra la intolerancia
Sargento García con Esteban Ibarra, presidente de MCI
Do videoclip resultante editaranse miles de DVDs que se distribuirán gratuitamente en 3.000 colexios españois. Ademáis, habilitarase unha páxina web desde onde visionar e descargar o video, a canción e a información de toda a campaña.
«La tierra, la sal, el pan y la vida, lugares comunes, caras distintas, debates estériles en un mundo enfermo, el banco central del dolar y el euro», di a estrofa que brota da gorxa de Rubén López. «...Y juntos acabar con la discriminación, por gusto sexual, raza o religión que todos somos iguales no hay excepción, respeto es la base la única dirección», conclúe Ital Erik..
  

Fonte: abc.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario