18/10/13

Recursos educativos contra a violencia de xénero

 
A Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), xunto co Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, ven de actualizar o portal web sobre información e sensibilización contra a violencia de xénero.
 
Este portal, dirixido aos profesionais dos centros educativos, proporciona diversos materiais de interese para a sensibilización, prevención, detección e intervención en violencia de xénero especialmente deseñados para mozos e mozas
 
A páxina web tamén describe unha serie de actividades e proporciona un listado de recursos de utilidade (contos, lecturas, cancións, guías ou materiais audiovisuais).
 
Podes acceder á web premendo na seguinte ligazón: aulaviolenciadegenero
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario