Guía editada pola Consejería de Educación da Región de Murcia da que son autores Mª Dolores Alcaraz, José Manuel Cartagena, Lorenzo A. Hernández, Concepción Riquelme, Mª Jesús Ruiz e Verónika Sabater. Centrada na etapa de Educación Secundaria Obrigatoria, nela abórdase a atención educativa e psicopedagóxica a este alumnado, así como as bases dun modelo de escola inclusiva fundamentada na convicciòn de que estes alumnos poden aprender se se producen as actuacións metodolóxicas e didácticas adecuadas.
Máis concretamente, as cuestións tratadas na publicación son as seguintes:
- Fundamentos teóricos do TDAH
- Protocolo de coordinación de actuacións educativas e sanitarias
- Orientacións e pautas do orientador educativo
Inclúe tamén unha sección de Anexos especialmente útil para profesionais da orientación:
- Modelo de entrevista á familia
- Escala de Conners revisada (20 items)
- Protocolos de observación na aula
- Entrevista ao alumnado
- Protocolo de avaliación para o TDAH
- Decálogo para a atención educativa ao alumnado con TDAH
- Carta dun alumno con TDAH ao seu profesor
- Información sobre o TDAH e autorización para o desenvolvemento do protocolo de coordinación de actuacións educativas e sanitarias
Para acceder á guía, fai clic na imaxe
Fonte: diversidad.murciaeduca.es
Vía Orientación Cascales
No hay comentarios:
Publicar un comentario