4/3/14

Maltrato infantil. Guía para a cidadanía

"Detección y notificación de casos de maltrato infantil. Guía informativa para la ciudadanía" é unha publicación editada pola Federación de Asociacións para a Prevención do Maltrato Infantil (fapmi) que ten como obxectivo aunar, a través dun documento sinxelo e descriptivo, aquela información que resulta imprescindible para favorecer un mínimo coñecemento da realidade do maltrato á infancia, e daquelas prácticas que, dun xeito xeral, poden promover maior implicación social para a detección temperá e a prevención, eliminando algún mitos erróneos e creenzas populares que tradicionalmente teñen obstaculizado unha actitude verdadeiramente proactiva por parte da cidadanía.

O documento aborda as seguintes cuestións:
  • Maltrato infantil: definición e tipoloxías
  • Prevención
  • Consecuencias
  • Protocolo de actuación
  • Detección
  • Notificación
  • Valoración do caso
  • Referencias bibliográficas e documentais
  • Anexos, onde se inclúe unha relación de indicadores básicos de maltrato infantil; e os obxectivos, validez e marco normativo do protocolo de actuación.
Para acceder á guía, fai clic na imaxe

http://www.fapmi.es/imagenes/subsecciones1/SOIC_Guia%20Ciudadano_Maquetada_30-03-11.pdf

Fonte: fapmi.es


No hay comentarios:

Publicar un comentario