14/3/14

Protocolo de actuación escolar ante o ciberbullying

Este protocolo é o resultado do traballo dun conxunto de profesionais que, agrupados baixo o nome de EMICI (Equipo Multidisciplinar de Investigación del Ciberbullying), tratan de dar resposta a un problema que se manifesta día a día na nosa sociedade e, por ende, nas aulas: o ciberbullying.

Tecnoloxías como Internet e a telefonía móvil son hoxe en día unha ferramenta importante para a formación, a socialización, o ocio e o desenvolvemento dos máis pequenos.

Do mesmo xeito, a súa enorme capacidade posta ao servizo de usuarios con intencións nocivas ou con escasas competencias no seu manexo pode supoñer a aparición de situacións nas que uns menores vense lesionados polas accións doutros.

Nos últimos tempos, diversos factores veñen propiciando unha maior presencia do ciberbullying nos centros escolares: incorporación máis temperá ao uso das TIC, maiores posibilidades de accesibilidade e portabilidade son algúns dos factores que poden considerarse catalizadores de problemas de ciberconvivencia.

O ciberbullying é un fenómeno sixiloso de graves consecuencias que se desenvolve polo xeral fóra do alcance da observación tradicional pero que non por elo é menos lesivo que o bullying tradicional.

Require unha resposta tan contundente como proporcional e acertada. A presente guía, en forma de protocolo, pretende aportar pautas e procedimento para unha eficiente atención escolar ás situacións de ciberbullying.

Fonte: Blog Crea y aprende con Laura


No hay comentarios:

Publicar un comentario