1/3/14

Protocolos de diagnóstico e intervención psicopedagóxica

Conxunto de catro guías orientadas ao diagnóstico, intervención e recuperación de rapaces e rapazas desde os 0 ata os 18 anos que presentan diferentes ritmos de aprendizaxe, problemas específicos, desfases madurativos ou trastornos emocionais. Editadas por Clínica Ambiental.

Fai clic nas distintas imaxes para acceder ás guías



A primeira guía céntrase no desenvolvemento dos nenos e nenas de 0-5 anos. Empeza abordando a avaliación e diagnóstico psicopedagóxico, analizando posteriormente o rol docente e presentando técnicas e instrumentos que poidan entregarse. Finaliza revisando o crecemento e desenvolvemento físico e madurativo desta etapa.

http://www.clinicambiental.org/docs/publicaciones/GUIA1.pdf


A segunda guía céntrase no periodo que vai dos 6 aos 11 anos. Parte de suxestións para a estimulación e reeducación psicomotriz, pasando posteriormente a análise da evolución dos debuxos e destes últimos como indicadores de conflito a nivel persoal, familiar, comunitario e social. Fai un pequeño repaso ás características da infancia, rematando cunha análise dos problemas de aprendizaxe.


http://www.clinicambiental.org/docs/publicaciones/GUIA2.pdf


A terceira guía empeza abordando o desenvolvemento na adolescencia a nivel cognitivo, físico, emocional, social e psicosexual, pasando a describir o crecemento durante este periodo. Remata cunha descripción dos instrumentos a empregar na avaliación psicopedagóxica.




http://www.clinicambiental.org/docs/publicaciones/GUIA3.pdf


A cuarta guía céntrase en ofrecer información sobre a importancia do apoio aos adolescentes. A continuación inclúe recomendacións específicas en relación ás temáticas que con máis frecuencia se presentan na adolescencia: alimentación, consumo de alcohol, tabaco, drogas, etc.
http://www.clinicambiental.org/docs/publicaciones/gu%C3%ADa%204%20ADOLFO%20baja.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada