1/4/14

Bullying homofóbico nas escolas. Guías profesorado e alumnado

Manuais elaborados no marco do proxecto Schoolmates, promovido por Arcigay (Associazione LGBT italiana), polo consorcio de colaboración da Oficiña contra a discriminación baseada na orientación sexual da cidade de Viena e pola Asociación polaca KHP (Campaña contra a homofobia). O proxecto implementouse coa participación da Confederación española Colegas e foi cofinanciado pola Comisión Europea no marco do programa comunitario Daphne II.

A guía do profesorado ten como obxectivo aportar información, ideas e ferramentas prácticas ao persoal das escolas para axudar a prevenir e frear o bullying. Está centrada no bullying homofóbico (violencia cara aos estudantes que son percibidos como homosexuais), aínda que trata tamén do fenómeno do bullying en xeral. Este último defínese como a violencia exercida por alguén que se considera forte cara a outra persoa percibida como débil, sendo as motivacións para este tipo de comportamentos variadas (homofobia, racismo, sexismo, anti-semitismo, etc.). O patrón que presentan todos os casos responde á mesma dinámica de abusador-agresor e abusado-víctima.
 
Para acceder á guía para o profesorado, fai clic na imaxe


http://www.familiasporladiversidad.es/files/objetos/BULLYINGprofesores.pdf

Fonte: familiasporladiversidad.es (Asociación Andaluza de Madres y Padres con Hijas e Hijos Homosexuales, Bisexuales y Transgénero).
 
Pola súa banda, a guía para o alumnado ten como obxectivo proporcionar información, ideas e avisos prácticos sobre o bullying. Ao igual que o documento para o profesorado, céntrase máis específicamente no bullying homofóbico, pero aborda tamén as situacións de bullying máis en xeral. Os consellos proporcionados son de utilidade para todos os casos.

Para acceder á guía para estudantes, fai clic na imaxe

 
http://www.educatolerancia.com/pdf/Bullying_Guia%20para%20estudiantes.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada