6/4/14

Guía TIC para persoas con TEA

A Confederación Autismo España en colaboración con BJ Adaptaciones e a Asociación Desarrollo de Albacete, puxeron en marcha unha páxina web a modo de guía do uso das TIC en persoas con Tratornos do espectro autista. Trátase dunha web moi sinxela e visual na que se recrea un aula dotada de equipamento informático. Os obxectos da aula son interactivos e ofrecen información dos recursos dispoñibles en relación con cada un deles.

Para visitar a web, fai clic na imaxe

http://www.guiatictea.org/?utm_source=tiching&utm_medium=referral

Fonte: Blog de Tiching

2 comentarios:

  1. Estás a facer moi bó traballo Silvina. Co teu permiso utilizo algunha das túas entradas nos meus Blogs. Grazas e adiante, Alfredo.

    ResponderEliminar
  2. Sen problema. Alégrame que lle vexas utilidade ao meu blog.

    ResponderEliminar