21/8/14

CONVOCATORIA PREMIOS EXTRAORDINARIOS ESO 2013-2014


A Consellería de Educación ven de publicar a Orde do 12 de agosto de 2014 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2013/2014 (DOG do 20 de agosto).

NÚMERO E CONTÍA: Poderanse conceder ata 20 premios de 750 euros cada un.

REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN
  1. Ter cursado durante o ano académico 2013/14 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario.
  2. Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria obrigatoria.
  3. Ter unha media das cualificacións igual ou superior a 9,00 puntos.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 21 de agosto a 20 de setembro de 2014.

FORMA DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Por vía electrónica ou en soporte papel a través do formulario normalizado ED311D dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es


DOCUMENTACIÓN:
  1. Solicitude.
  2. Certificación académica.
  3. Documento xustificativo da transferencia de datos.
  4. Fotocopia do DNI.
PROBA: Os aspirantes deberán realizar unha proba estruturada en dúas partes. Cada parte da proba desenvolverase nun tempo máximo de dúas horas.
  • A primeira parte constará de varias cuestións referidas ás seguintes materias de cuarto curso: Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Primeira Lingua Estranxeira, agás no caso de alumnado con exención en Lingua Galega e Literatura, que quedará exento da realización da correspondente parte da proba, sempre e cando a dita exención se acredite documentalmente.
  • A segunda parte constará de diversas cuestións referidas a tes materias do currículo de cuarto curso: Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Matemáticas, e unha materia a escoller entre Bioloxía e Xeoloxía, Educación Plástica e Visual, Física e Química, Latín, Música e Tecnoloxía.
Para poder optar ao premio deberase obter un mínimo de cinco puntos en cada unha das materias, que se cualificarán entre 1 e 10 puntos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario