O libro "El alumnado con sobredotación intelectual. Conceptualización, evaluación y respuesta educativa" parte da premisa de que o alumnado con sobredotación intelectual presenta necesidades específicas de apoio educativo que están a demandar unha resposta adaptada e que cubra as devanditas necesidades. Iste material facilita a práctica dos profesionais da educación e da orientación que atenden a este alumnado. Está editado pola Consellería de Educación da Junta de Andalucía.
A publicación consta de cinco capítulos nos que son tratados diferentes aspectos relacionados coa atención educativa de dito alumnado:
- En primeiro lugar, faise unha definición de sobredotación intelectual, e de diferentes conceptos relacionados coa concepción de altas capacidades intelectuais definida na LOE, así como as implicacións que isto ten na detección e caracterización do alumnado sobredotado intelectualmente.
- En segundo término, ofrécense pautas para identificar, determinar e describir ao rapaz ou rapaza con sobredotación intelectual, incluindo unha descripción exhaustiva de diversos instrumentos e recursos útiles na detección e avaliación deste alumnado.
- Finalmente, os capítulos 3, 4 e 5 tratan a resposta educativa que desde os centros docentes se pode articular para os alumnos e alumnas con sobredotación intelectual, a partir do coñecemento e a identificación das necesidades educativas específicas que istos presentan. Apórtanse estratexias e información sobre programas e modelos de traballo para levar a cabo esta tarefa.
Para acceder á guía, fai clic na imaxe
No hay comentarios:
Publicar un comentario