Esta guía, da que é autor o psicólogo José Manuel Aguilar Cuenca, pretende aportar pautas a pais e nais para abordar a separación ou divocio dun xeito maduro, procurando facer o menor mal posible a fillos e fillas. A edición da publicación correspóndelle ao Defensor del Menor na Comunidade de Madrid. Nela apórtanse pautas de actuación así como indicacións sobre o que non debe facerse. Igualmente explícase dunha maneira sinxela como afecta aos rapaces e rapazas a ruptura segundo a idade que teñan e a maneira na que estea a desenvolverse o proceso.
Para acceder á guía, fai clic na imaxe
Fonte: http://psicoglobalia.com , recollida no blog Orienta2
No hay comentarios:
Publicar un comentario