10/12/14

"AISLADOS": Videoxogo para a prevención de drogodependencias

"AISLADOS" é un proxecto de prevención de drogodependencias e outros comportamentos de risco dirixido a adolescentes. O obxectivo é que aprendan mentras xogan. Para elo propóñense ferramentas innovadoras e próximas ao adolescente (o videoxogo e o xogo de rol) como plataforma para a aprendizaxe activa e lúdica de habilidades sociais, cognitivas e emocionais (habilidades para a vida). 

O proxecto preséntase en dous formatos diferentes baseados nos mesmos principios e guión argumental: un videoxogo gratuito e un xogo de rol. O programa e o seu enfoque metodolóxico foron recoñecidos polo Observatorio Europeo de Dependencias e Toxicomanías (OEDT), sendo incluido na base de datos EDDRA, onde están recollidos os programas preventivos de referencia en Europa.

O procedemento do xogo é sinxelo: O alumnado ten que rexistrarse e xogar, poñéndose na pel do seu personaxe (baseado na súa propia persoa) durante o desenvolvemento dunha aventura misteriosa. Mozos e mozas machan de viaxe de fin de curso nun barco. Ao longo da viaxe, no barco van ocurrindo unha serie de couss que terán que resolver ou solucionar. A cousa vaise complicando e acaban naufragando, chegando a unha illa aparentemente deserta .... onde se ven sometidos a distintas probas, eventos, árbores decisionais e minixogos. O programa inclúe unha guía didáctica para os docentes .
 
Na zona para educadores, o profesorado pode obter un feedback sobre o rastro deixado por mozos e mozas que serve para saber cal é o bloque de contidos que debe ser prioritario para cada grupo (asertividade, toma de decisións, autoestima e relacións interpersoais).

Poden xogar na súa casa ou na aula de informática do centro.

Fai clic na imaxe para acceder ao xogo

http://www.aislados.es/

Fonte: Orientación Andújar

No hay comentarios:

Publicar un comentario