26/12/14

Becas Bacharelato en EE.UU. e Canadá. Fundación Amancio Ortega




A Fundación Amancio Ortega convoca 200 becas para alumnos e alumnas españoles interesados en estudar en Canadá e Estados Unidos un ano escolar equivalente ao Primeiro curso de Bacharelato.

OBXECTIVOS:
  • Mellorar os coñecementos de lingua inglesa e a formación integral do estudante.
  • Potenciar a capacidade de adaptación e aprendizaxe nun novo contorno.

SERVIZOS INCLUIDOS:

Cada unha das becas para o curso escolar 2015-2016 inclúe 3 fases: preparación e saída, estanza en Canadá ou Estados Unidos, e retorno á cidade de orixe.

REQUISITOS:

Dirixido a estudantes de 4º ESO do territorio español que teñan unha nota media de 7,5 en 3º ESO e 8 en inglés.

INSCRICIÓN:
Do 7/1/2015 ao 9/2/2015 
DOTACIÓN:

Escolarización nun centro educativo "High School" durante un curso escolar (10 meses, agosto/setembro de 2015 a xuño/xullo de 2016.

No hay comentarios:

Publicar un comentario