19/12/14

Guía do síndrome de Asperger para educadores

"Un viaje por la vida a través del autismo" ten como obxectivo axudar a entender e responder eficazmente nun entorno escolar inclusivo ás necesidades dos rapaces e rapazas que teñen síndrome de Asperger. Máis concretamente, a guía ten como finalidade:
  • Educar e preparar aos docentes para ter un estudante con Asperger na súa clase.
  • Describir o uso de estratexias académicas e ambientais apropiadas para promover o éxito.
  • Promover o desenvolvemento e emprego de estratexias que fomenten as relacións sociais cos compañeiros e interaccións sociais exitosas.
  • Animar a comunicación e a colaboración coas familias.
 A publicación está editada pola Organización para la Investigación del Autismo.

Para acceder á guía, fai clic na imaxe

http://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2014/12/Gui%CC%81a-del-Si%CC%81ndrome-de-Asperger-para-los-educadores.-.pdf

Fonte: Orientación Andújar

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada