Guía informativa sobre a Formación Profesional Básica elaborada pola Consellería de Educación
Segundo se recolle nesta guía,
- A formación profesional básica forma parte das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo. Ordénase en ciclos formativos organizados en módulos profesionais de duración variable.
- Os ciclos formativos de formación profesional básica teñen unha duración de 2000 horas ou 2 cursos académicos. Na modalidade de FP dual ata 3 cursos.
- Estas ensinanzas responden a un perfil profesional que inclúe alomenos unha cualificación profesional completa de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
INFORMACIÓNS BÁSICAS:
- Título que se obtén.
- Validez dos títulos
- Vías de obtención do título profesional básico
- Requisitos para acceder á FP Básica
- Que hai que facer para matricularse
- Período de admisión
- Onde cursar un ciclo formativo básico
PERFÍS PROFESIONAIS BÁSICOS:
Consulta aquí os perfís profesionais dos ciclos formativos básicos, onde atoparás información sobre: que se aprende a facer, ámbitos nos que se traballa, ocupacións que se desempeñan, módulos que se cursan, título que se obtén e estudos aos que se pode acceder.
NORMATIVA:
- Orde do 5 de agosto de 2014 pola que se regulan aspectos específicos para a implantación das ensinanzas de formación profesional básica no curso académico 2014-2015.
- Admisión.
- Decreto 107/2014, do 4 de setembro, polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia e se establecen vinte e un currículos de títulos profesionais básicos.
- Currículos dos títulos profesionais básicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario