A Confederación de Asociacións de Psicopedagoxía e Orientación de España (COPOE) ven de publicar o número 1 da revista "Educar y Orientar". A publicación nace coa vontade de ser unha guía de apoio á orientación e aos orientadores e orientadoras. O seu deseño é atractivo e funcional. Consta dos seguintes apartados:
- editoriais analíticos e críticos coa situación da orientación en cada momento, temas de interese profesional e propostas de mellora;
- artigos de debate e opinión (filosofía e praxis da orientación e do traballo dos orientadores e orientadoras);
- desenvolvementos teórico-conceptuais e metodolóxicos aplicados;
- exposición de experiencias, obradoiros e programas aplicados (prioridade para as experiencias de orientacion, atención á diversidade, Tics e novas tecnoloxías, acción titorial, orientación profesional e convivencia); e finalmente,
- a fiestra das asociacións, onde se publicarán as comunicacións das diferentes asociacións que forman parte de COPOE (un total de 22).
A publicación, da que sairán dous números anuais (maio e novembro), está aberta a todos os profesionais da orientación, dende o ámbito universitario aos centros de ensino.
Accede ao primeiro número facendo clic na imaxe
No hay comentarios:
Publicar un comentario