24/1/15

Proceso de selección para incorporarse ás escalas de tropa e mariñeiría

O Ministerio de Defensa convocou proceso de selección para cubrir as prazas para o acceso de nacionais e estranxeiros á condición de militar de tropa e mariñeiría. Ofértanse 1950 prazas, correspondentes ao Ciclo de Selección número 1. Do total de prazas, os estranxeiros poderán optar en concorrencia cos españois a 40. 

 


DATA: 24/1/2015 a  12/2/2015

REQUISITOS:
  • Ter a nacionalidade española ou a dalgún dos países incluídos na convocatoria.
  • Ter cumpridos 18 anos e non cumprir 29 ao día seguinte ao de incorporación ao centro de formación correspondente.
  • Carecer de antecedentes penais, e non ter aberto en calidade de procesado ou imputado ningún procedemento xudicial por delito doloso.
  • Non estar privado dos dereitos civís.
  • Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, ou dos órganos constitucionais, ou dos órganos estatutarios das comunidades autónoma, nen estar inhabilitado con carácter firme para o exercicio de funcións públicas.
  • Posuír a aptitude psicofísica necesaria.
  • Estar en posesión como mínimo, do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou os seus equivalentes.
  • A participación no proceso de selección iniciarase coa aceptación da solicitude de cita previa. Para este 1º Ciclo de Selección, o prazo de solicitude de cita previa finaliza o 12 de febreiro de 2015.
MÁIS INFORMACIÓN: 
BOE 23-01-2015
Web do Ministerio de Defensa

Área de Recrutamento A Coruña
Avda. Alférez Provisional, 15
15006 A Coruña
Tlf. 981 121 752  

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada