20/3/15

Galicia: Axudas para formación en linguas estranxeiras do alumnado de ESO e Bacharelato 2015

A Xunta de Galicia publicou a Orde do 2 de marzo de 2015 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2015, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 16-03-2015).


 
PRAZAS CONVOCADAS: 682

PRAZO DE SOLICITUDE: Do 17 de marzo ao 16 de abril de 2015 (ambos incluídos).

REQUISITOS: 

  • Estar cursando 1º, 2º, 3º e 4º da educación secundaria obrigatoria,1º ou 2º de bacharelato en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2014/15, na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2013/14.
  • Ter acadado no curso 2013/14 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na materia de lingua inglesa.
  • Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
  • Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte.
FINANCIACIÓN:

  • Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
  • Os gastos de docencia e o material escolar.
  • As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
  • Os gastos de mantenza e aloxamento.
  • O certificado de realización da actividade.
  • O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
  • As familias achegarán as cantidades que lles correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade (ver convocatoria no DOG).
QUENDAS E GRUPOS: todas as actividades serán de formación en inglés e terán lugar en Galicia.


1º e 2º de Bacharelato: Duración: 1 semana.

1º, 2º, 3º e 4º da ESO: Duración: 2 semanas. 

DATAS: Entre a última semana de xuño e finais de agosto de 2015.

MÁIS INFORMACIÓN:


CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA. DEPARTAMENTO TERRITORIAL 
Edificio Administrativo de Monelos Rúa Vicente Ferrer. A Coruña


Enderezo electrónico: axudasle@edu.xunta.es 

Atención telefónica: 981 957 296 - 881 997 497 - 981 957 538 - 981 546 503


No hay comentarios:

Publicar un comentario