16/4/15

GALICIA: PROBAS LIBRES TÍTULOS DE FP LOE 2014-2015

A Consellería de Educación convocou probas libres para a obtención de títulos de FP LOE correspondentes ao curso 2014/2015  na Comunidade Autónoma de Galicia. O obxectivo destas probas é permitir ás persoas participantes obter directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos fixados nos currículos correspondentes aos diferentes ciclos.
 
PRAZO DE SOLICITUDE:
 
-  Do 17 ao 30 de abril de 2015 ata as 13 horas
  
REQUISITOS DOS SOLICITANTES:
 
- Para ciclos medios, título de ESO ou proba de acceso
- Para ciclos superiores, título de Bacharelato ou proba de acceso
- Ter 18 anos para optar aos títulos de técnico.
- Ter 20 anos para optar aos títulos de técnico superior, ou 19 no caso de posuír xa o título de técnico.
- Non estar matriculado/a en ciclos formativos de formación profesional nin ter causado baixa no correspondente curso académico.
- Excepcionalmente, no caso de que houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, poderán acceder á realización das probas as persoas matriculadas polo réxime de persoas adultas para a superación dos módulos profesionais do mesmo ciclo formativo, sempre que os teñan suspensos de cursos académicos anteriores e non se atopen matriculadas neles no curso académico de realización da proba.
- Tamén excepcionalmente se houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, poderán acceder á realización das probas dos módulos profesionais asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais as persoas adultas que, sen cumpriren as condicións de acceso, teñan acreditada experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de dous anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo correspondente.
 
RELACIÓN DE CICLOS E PRAZAS OBXECTO DA CONVOCATORIA:
 
Oferta clasificada por familia e ciclo (Actualizado a 13-04-2013)
 
LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
 
Na secretaría de calquera centro público en que se oferten probas libres para a obtención de títulos LOE, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.

No hay comentarios:

Publicar un comentario