25/10/15

"A través de mis pupilas": A violencia de xénero a través da mirada do fillo

Magnífica curtametraxe presentada por Carlota Laborda, alumna de 1º de Bacharelato do IES Benjamin Jarnés  ao concurso de curtametraxes contra a violencia de xénero organizado pola Delegación do Goberno de Aragón e Ibercaja.  O video gañou o primeiro Premio Cortometrajes contra la Violencia de Género Delegación del Gobierno en Aragón en la categoría de ESO y Bachillerato. Analiza, a través dos ollos dun rapaz, cómo xurde e se desenvolve a violencia de xénero no fogar aportando, dende unha aparente inxenuidade, unha visión estremecedora deste grave problema social. Moi útil para as titorías ou, simplemente, para comentalo na clase.



Neste mesmo concurso participou outra alumna de 2º de Bacharelato do mesmo centro, Noelia Clavero. O seu tamén magnífico video "Mi proyecto: La violencia de género", malia non resultar galardoado, aborda o tema con grande sensibilidade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario