20/10/15

Abrazar a diversidade: propostas para unha educación libre de acoso homofóbico e transfóbico

Excelente guía editada polo Instituto de la Mujer y para la Igualdad de Oportunidades coa colaboración do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. A publicación responde á necesidade de intervir nunha realidade omo é a da diversidade afectivo sexual e a identidade de xénero. A súa intención é contribuir ao coñecemento deste tipo de acoso no ámbito escolar, atendendo a súa especificidade e aos axentes que interveñen para, seguidamente, pasar a salientar aquelas experiencias concretas que poden ser tomadas como modelos de referencia para unha adecuada xestión da diversidade afectivo-sexual na escola. Propóñense nela, así mesmo, un conxunto de medidas concretas, a modo de recomendacións dirixidas aos centros e a toda a comunidade educativa, para previr, detectar e actuar contra o acoso homofóbico e transfóbico,  unha aproximación ao marco xurídico da cuestión no noso país, e unha coidada selección de recursos didácticos para traballar na aula.

http://www.inmujer.gob.es/actualidad/NovedadesNuevas/docs/2015/Abrazar_la_diversidad.pdf

2 comentarios:

  1. Me parece una guía muy interesante, la comparto, con tu permiso. Un saludo Silvina.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Por supuesto que puedes compartirla, Celia. Un saludo.

      Eliminar