5/10/15

Becas da Fundación Amancio Ortega para alumnado 4º ESO


A Fundación Amancio Ortega convoca 500 becas dirixidas a estudantes de 4º ESO de centros españoles, para estudar Primeiro Curso de Bacharelato nun High School en Canadá ou Estados Unidos o próximo curso escolar 2016-2017

O programa ten como obxectivo facilitar a aprendizaxe do inglés e a inmersión na cultura estranxeira a xoves de institutos e colexios españoles. O alumnado seleccionado cursará o Grao 11 (nivel equivalente a 1º de Bacharelato).

As becas distribúense segundo se especifica de seguido:
  • 80 becas dirixidas a estudantes de centros de Galicia
  • 420 becas dirixidas a estudantes de centros do resto das Comunidades Autónomas 
A beca cubre o 100% do custe do curso escolar en Canadá ou EEUU: viaxe, tasas de escolarización, convalidación de estudios, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes, e o apoio continuado durante os dez meses de estanza.

REQUISITOS:
  • Estudar actualmente 4º ESO nun centro educativo en España e ter pasaporte español.
  • Ter unha nota media igual ou superior a 7 puntos e unha nota en inglés igual ou superior a 8 en 3º ESO.
  • Non ter estudado un ano académico no estranxeiro con anterioridade (1º, 2º ou 3º ESO).
 
PRAZO DE SOLICITUDE: Do 5/10/2015 ao 12/11/2015

MÁIS INFORMACIÓN NA SEGUINTE LIGAZÓN: https://becas.faortega.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario