16/10/15

Consellos para unha ciberconvivencia positiva

PRESENTAN:
Esta animación, que ten como obxectivo a sensibilización e a formación no uso seguro das novas tecnoloxías e o fomento dunha cidadanía dixital responsable.

O uso adecuado das novas tecnoloxías é unha cuestión que actualmente preocupa á comunidade educativa, ás familias e, en xeral, a usuarias e usuarios da rede. Pese a elo, existen dificultades para atopar materiais accesibles cos que poder sensibilizar e formar sobre o uso responsable de Internet, as redes sociais e os smartphones con persoas con discapacidade intelectual de maneira que comprendan conceptos como suplantación de identidade, protección de datos, mecanismos de rectificación, etc.

Este recurso audiovisual inclúe catro consellos para a "Ciberconvivencia positiva". Na súa elaboración participaron usuarios habituais das novas tecnoloxías con discapacidade intelectual que deron a súa opinión durante o proceso e puxeron voz aos personaxes que lanzan os consellos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario