28/10/15

Dous cuestionarios para detectar o acoso escolar

Achegamos dous cuestionarios proporcionados polo Servizo de Inspección Educativa de Sevilla dos que é autor D. Antonio Ruiz Martín. A primeira proba (Cuestionario AVE reducido) faina o alumnado individualmente e con ela pódense detectar casos particulares. A segunda proba (Cuestionario relativo ao grupo-clase), para alumnado de 5º/6º de Educación Primaria e para a ESO, pode proporcionar pistas sobre o posible foco do conflicto. O profesorado elixirá cal das dúas probas se acomoda mellor á súa clase e situación. Tamén poden pasarse os dous cuestionarios, pero sempre que sexan distanciados no tempo e en momentos diferentes. Cada cuestionario trae unhas sinxelas normas de aplicación para o profesorado e plantillas para a corrección.

Accede aos cuestionarios facendo clic na imaxe


No hay comentarios:

Publicar un comentario