29/10/15

O proxecto TABBY (prevención do bullying)

TABBY (Threat Assessment of Bullying Behavior in Youth, que significa Evaluando las amenazas de bullying en la juventud) é un proxecto que ten como obxectivos aumentar a concienciación dos riscos do uso da web (ou calquera outra forma de comunicación electrónica) e fomentar a aprendizaxe da información e das habilidades precisas para protexerse fronte ás ameazas.

Distintos estudos teñen demostrado que existen diferentes formas de ciberacoso e que iste está altamente correlacionado co acoso na escola, mesmo moitas veces derívase del. Ás veces ocorre que os rapaces e rapazas que son intimidados na escola toman represalias a través da web.

O proxecto TABBY é europeo porque os socios proveñen de diferentes países da Unión Europea e porque o método e o enfoque empregado será dado a coñecer noutros países e poderá ser utilizado neles. O obxectivo é promover un clima no que se empregue a web de maneira segura. As boas prácticas son compartidas e difundidas para axudar a aumentar o benestar da nosa mocidade e previr o comportamento antisocial e, finalmente, reducir a delincuencia.

Entre os distintos elementos que compoñen o proxecto, destacaremos catro:
  1. Un manual para o profesorado.
  2. Un cuestionario para rapaces e rapazas onde se lles pregunta información sobre o que pasa na escola, o emprego de dispositivos dixitais, e o uso que fan de Internet.
  3. Un repertorio de animacións que exemplifican distintas situacións de risco.
  4. Un xogo virtual que permite interactuar con outros xogadores en tempo real e empregar unha rede social desde o seu teléfono intelixente.

Accede a TABBY facendo clic na imaxe

http://spa.tabby.eu/

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada