22/10/15

Privacidade e protección de datos de menores en Internet: Un teléfono de axuda

Grazas ao acordo asinado polo Ministerio de Educación e a Axencia Española de Protección de Datos, vanse abrir dúas novas canles co fin de orientar a pais, nais, profesorado e alumnado sobre cómo preservar a intimidade dos xoves nas redes sociais: 

  1. por teléfono: 901 233 144
  2. por Whatsapp: 616 172 204
  3. A elas temos que engadir a xa existente, o e-mail canaljoven@aepd.es

Estas distintas canles de axuda gratuitas servirán para consultar calquera dúbida referida á protección de datos dos menores e da súa intimidade nas redes sociais e en Internet. Podes acceder á información facendo clic na imaxe, que remite á web chaval.es .


No hay comentarios:

Publicar un comentario