27/10/15

Violencia Sexual Dixital. Web

Recurso online creado por Pantallas Amigas co fin de poñer a disposición da sociedade un conxunto de informacións e recursos útiles para a prevención e a intervención en materia de violencia sexual que se produce en e por medio das novas tecnoloxías, isto é, no medio dixital.

A Violencia Sexual Dixital sería pois a ciberviolencia de carácter sexual contra as mulleres.

Na actualidade existe un auténtico problema de violencia sexual que, lonxe de ser virtual, pódese caracterizar como dixital e ten consecuencias moi reais. O problema ten diversas manifestacións e afecta a nenas e mulleres de mediana idade, pero principalmente afecta ás adolescentes. Lamentablemente, neste novo contexto de socialización que é a rede, as víctimas máis numerosas e vulnerables son de novo, ademáis das persoas menores de idade, as pertencentes ao xénero feminino.

Na web atopamos os seguintes apartados: 
  • Formas de violencia dixital contra as mulleres (sextorsión, ciberbullying, ciberacoso, outras...)
  • Glosario de terminoloxía relacionada co tema; e, por último, o máis atractivo para o público adolescente,
  • Presentacións animadas para a prevención (recomendamos o seu uso nas titorías)

 Podes acceder ao recurso online facendo clic na imaxe


http://www.violenciasexualdigital.info/presentacion/

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada