11/11/15

9 curtas que nos axudarán a comprender mellor os nosos sentimentos


Ás persoas cóstanos moito comprender que as emocións teñen que ser experimentadas, comprendidas, manexadas e, por enriba de todo, expresadas. Xeralmente, o que facemos por convención social é precisamente o contrario: fuxir delas e non comprender os nosos sentimentos. Así, castigamos con crueldade a nosa maneira de sentir, reprimindo especialmente aos nenos e nenas e a aqueles adultos aos que caracteriza unha certa sensibilidade e capacidade especial con relación á demostración das súas emocións.

Por iso, comprender e manexar as nosas emocións máis alá do socialmente desexable é unha tarefa pendente para casi todo o mundo.

Para traballar estes aspectos, temos moitas e moi estupendas ferramentas na nosa man. Un exemplo son as curtametraxes e os videos que pretenden axudarnos a reflexionar e a liberar aqueles sentimentos que non conseguimos tolerar.

1. O amor é unha fermosa casualidade
A curtametraxe animada Lucky You é un claro exemplo de que o amor pode cambialo todo e de que sempre chegará aquela persoa que cunha aperta e un sorriso recompoña cada parte rota da nosa alma.


2. Valorar a amizade, superar as diferenzas e axudar
Non sempre é doado superar as dificultades e, ás veces, hay diferenzas que nos parecen imposibles de solventar. Esta curtametraxe danos unha lección sobre a amizade e a importancia de permanecer ao lado de aquelas persoas ás que queremos e que nos queren. Non mirar polos defectos, tolerar aquelo que nos frustra, non xulgar nen traicionar aos nosos amigos é a base dunha amizade verdadeira capaz de resistir cada vaivén e cada adversidade que debuxe a vida.


3. As diferenzas nos achegan se sabemos escoitalas
A curtametraxe "La luna" de Pixar encerra moitas ensinanzas. Traballar en equipo e ter en conta cada punto de vista pode ser complicado, pero se atendemos aos demáis, podemos conseguir cousas marabillosas. Do mesmo xeito, esta curta amósanos que enfadándonos somentes conseguimos perder a oportunidade de compartir momentos fermosos, e de sentir e de disfrutar da vida.


4. O poder da amizade cun mesmo
Para acadar unha boa autoestima, debemos traballar a tolerancia cara a nos mesmos. A través desta curta, achegarémonos a nos mesmos e comprenderemos cómo destruimos a nosa propia autoimaxe en pos duns ideais que nos impoñen e que nos aceptamos sen pensar. Somos seres completos, coas nosas virtudes e defectos. Non é a nosa imaxe a que nos define, senón os nosos pensamentos e a capacidade que temos de aceptarnos tal e como somos. Unicamente a aceptación faranos mellores.


5. O valor da paciencia
Ás veces non somos conscientes de como podemos facer mal aos que están arredor de nos cos nosos actos e comentarios impulsivos. É importante cultivar a paciencia, pois ela nos achegará ao equilibrio emocional.


6. ¿Cerebro ou corazón? O eterno dilema
Nunca temos que perder de vista que os sentimentos cobran máis sentido cun pouquiño de cordura. Igual pasa ao revés. Así, cando se nos plantexa o dilema de facer ou non caso da nosa parte máis visceral, temos que pensar que considerarnos globalmente sempre é algo que fará máis rica a nosa vida e as nosas decisións.


7. Saber apreciar o que temos
Fermosa curtametraxe que ten que axudarnos a valorar o que temos, deixar as envexas a un lado e disfrutar da nosa vida sen mirar para a do veciño. Aprendamos a convivir có que a vida nos regala e valoremos o que temos antes de perdelo.


8. Mira a esencia, non as apariencias
As apariencias esfúmanse como o fume que vende o protagonista desta curtamentraxe. Así, facendo caso á expresión popular "las apariencias engañan", teríamos que comezar a buscar na profundidade das persoas. O que amosamos pode cambiar, o que sentimos non.


9. Non escoitamos para comprender, escoitamos para contestar
Se queremos que nos escoiten, é importante que cultivemos a nosa capacidade de facelo. As relacións requiren de reprocidade e de tolerancia, algo que xeralmente descoidamos. Por iso, para aprender a convivir con outras persoas, temos que escoitar a súa outra verdade, e non só a nosa razón. A comunicación é indispensable para escoitar ao outro.


Todas estas curtas nos axudan non só a comprender os nosos sentimentos e emocións, senón tamén a ter moi presentes os nosos valores e a poñelos en práctica sen deixarnos guiar por aqueles sentimentos que non nos aportan nada bo.

Fonte: La mente es maravillosa

2 comentarios: