3/11/15

"Crimen e Investigación" e "Save the Children" contra o acoso escolar


O acoso escolar é violencia. Son exemplos de acoso escolar: poñer motes, empuxar, insultar, rirse de alguén, dar información moi persoal en internet, pegar, ... Moitos rapaces e rapazas teñen que facer fronte a situacións deste tipo no seu centro escolar. É responsabilidade de todos e todas acabar con este problema. Ademáis, podemos facelo.

Hai unha maneira de protexer e defender ás persoas que o están a padecer. Hai uns heroes que poden combatilo. Alumnado, familias e profesorado poden ser os heroes do patio. Chega con dar un paso adiante, tomar a decisión e actuar contra o acoso escolar.

Crimen + Investigación , en colaboración con Save the Children , presenta nos 4 videos que siguen algún dos poderes que tod@s levamos dentro e que axudan a loitar contra o acoso escolar. 

TI TAMÉN PODES LOITAR CONTRA O ACOSO ESCOLAR é o lema desta campaña na que se convida a todo o mundo a convertirse en "HÉROES DEL PATIO".

Xunto cos videos, a campaña inclúe orientacións para loitar contra o acoso escolar para os diferentes colectivos aos que se dirixe  : alumnado, profesorado e familias.

A campaña remata cunha PETICIÓN -que se pode asinar- para pedir aos partidos políticos e ao Goberno de España que protexan a nenos e nenas fronte á violencia.

"Los héroes del patio"

Capítulo 1. "Byte Face". Con el Rubius


Capítulo 2. "Ultra Shout". Con Edurne


Capítulo 3. "Shield Boy". Con Óscar Martínez


Capítulo 4. "Wolf Eyes". Con Cecilia Freire

No hay comentarios:

Publicar un comentario