14/11/15

Galicia: Segundas axudas para a adquisición de material escolar. Curso 2015-2016



A Consellería de Educación convoca axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso 2015/2016.

Requisitos
a) Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educción secundaria obrigatoria ou educació especial nun centro sostido con fondos públicos durante o curso escolar 2015-2016.
b) No estar incluido nas prohibicións para obter a condición de beneficiario recollidas no artigo 1 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.

Prazo
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (data de publicación da orde: 10/11/2015).

Lugar
As solicitudes (Anexo I) deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro en que estea matriculado o alumno ou alumna, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento admnistrativo común, utilizando o formulario normaizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es. 

Máis información
Orde do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas par a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/2016-

Ligazón á aplicación da web da Consellería para facer a solicitude
https://www.edu.xunta.es/axudaslibros/

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada