23/11/15

"Ninguém é Igual a Ninguém" (Nadie es igual a nadie). Curtametraxe protagonizada por nenos e nenas

Esta curtametraxe presenta a inclusión e a diversidade dunha maneira espontánea e divertida nunha escola de educación infantil onde nenos e nenas perciben as pequenas cousas que fan a diferenza. Filme que participou na III Mostra de Curta Metragem na cidade de Novo Hamburgo-RS e foi presentado no cine da cidade. 

A mensaxe que se pretende transmitir é amosar ao mundo que "Ninguém é igual a Ninguém", que o correcto é aceptarnos como somos, e que xustamente iso, que todos somos diferentes, é o que fai que o mundo sexa fermoso e cheo de cores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario