17/11/15

Prevención e detección do racismo, a xenofobia e outras formas de intolerancia nas aulas. Recursos

O Observatorio Español del Racismo y la Xenofobia, OBERAXE ven de publicar novos materiais para contribuir á prevención e detección do racismo, a xenofobia e a intolerancia nos centros educativos. Falamos, máis concretamente, dun manual e duns trípticos que conteñen as ideas principais do manual.

Con estas dúas publicacións, trátase de contribuir a mellorar a formación para a prevención e a detección do racismo, a xenofobia e outras formas de intolerancia nas aulas, reforzando a imaxe positiva da integración da poboación inmigrante e das minorías étnicas no ámbito da educación.

O manual describe, ao longo de seis capítulos as seguintes cuestións: por qué existen o racismo, a xenofobia e outras formas de intolerancia na nosa sociedade e, polo tanto, nas nosas escolas; cal é o diagnóstico da situación respecto da poboación migrante e outras minorías, así como o marco normativo de referencia; que estratexias hai dispoñibles para a xestión da diversidade na escola, a mellora da convivencia e o fomento da participación da comunidade educativa; cales son os sinais para detectar que se están a producir, ou se poden producir incidentes, ou incluso acoso discriminatorio no medio escolar; cales son os efectos destes incidentes e como facerlles fronte. O manual inclúe finalmente unha serie de boas prácticas presentadas por algunhas Comunidades Autónomas e organizacións.

cofinanciado polo "Programa Progress sobre Empleo y Solidaridad" da Comisión Europea.

Poden ser empregados por docentes e outros profesionais do ámbito educativo formal que queiran educar no respecto á diversidade, pero tamén van dirixicos a responsable e técnicos de organizacións non gubernamentales, dinamizadores xuvenís, educadores sociais e, en xeral, a comunidade educativa en sentido amplo.

Accede ao manual facendo clic na imaxe

http://explotacion.mtin.gob.es/oberaxe/inicio_descargaFichero?bibliotecaDatoId=4070

Fai clic na imaxe para acceder ao tríptico

http://explotacion.mtin.gob.es/oberaxe/documentacion_descargaFichero?bibliotecaDatoId=4071

No hay comentarios:

Publicar un comentario