10/11/15

Protocolo actualizado acoso escolar e ciberacoso Xunta de Galicia


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia pon a disposición dos centros educativos no portal Educonvives.gal unha versión actualizada do protocolo xeral de prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar. Tanto o documento como os anexos que o acompañan, pretenden facilitar e axilizar a súa posta en práctica, recollendo estratexias de prevención e de actuación, así como a lexislación relativa a todo o procedemento.

Por outra banda, no marco da Estratexia galega de convivencia escolar 2015-2020, esta mesma Consellería proporciona aos centros docentes unha ferramenta para desenvolver o procedemento corrector de condutas contrarias ás normas de convivencia, que guía a actuación do profesorado nestes casos. Esta ferramenta consta dunhas orientacións que pretenden dar resposta ás cuestións máis frecuentes que se formulan os centros cando se enfrontan a unha situación desta índole, e uns modelos normalizados que recollen o procedemento que cómpre seguir para a súa tramitación. Acompáñanse estes dous documentos cun mapa gráfico que ilustra todo o proceso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario