9/11/15

Qué é a violencia machista? Por unha vida libre de violencias machistas

O video "Por unha vida libre de violencia machista" foi realizado por Juventud SIN futuro para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero. Un material idóneo para suscitar o debate sobre o tema nas horas de titoría.

A violencia machista non se ve refelctida unicamente nos golpes, senón tamén nos celos, no control, na coerción e no acoso. Dáse hoxe, ademais de na rúa e no noso centro de traballo ou estudo, nas redes sociais. Os novos medios de exercer a violencia machista cólanse a través destas novas formas de comunicación e actúan directamente sobre as nosas vidas. Esta nova forma de entender e exercer o machismo pasa desapercibida para a maioría da sociedade, pois é algo que se ten instalado, sen nos darnos conta, no noso día a día.

É necesario acabar coa violencia machista en todas as súas formas, combatela e expulsala dos nosos corpos e espazos, pois nos fai presas da inseguridade e do medo. Porque ser presionadas, controladas, acosadas, oprimidas, forzadas e culpabilizadas, é violencia.  

#PorUnaVidaLibreDeViolenciasMachistas

No hay comentarios:

Publicar un comentario