Campaña para concienciar e erradicar unha das formas de violencia de xénero máis común entre adolescentes, a que se da mediante o control e a limitación da vida dixital das mulleres.
Este é un blog de orientación educativa e académico-profesional para consulta da comunidade educativa. Para orientarte neste blog, tes que seguir as categorías que están á dereita e premer na que che interese.
16/11/17
7/11/17
Recompilación de pautas para o profesorado do alumnado con TDAH
No blog Mónica Diz Orienta atopamos unha magnífica selección de ligazóns e materiais para orientar a intervención educativa na aula co alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención e hiperactividade).

PAUTAS PARA SITUACIONES CONCRETAS:
GUIAS EN PDF:

PAUTAS PARA SITUACIONES CONCRETAS:
- ADAPTACIONES METODOLÓGICAS
- PAUTAS PARA LOS EXÁMENES
- PROCEDIMIENTOS DE EVALUACIÓN
- PAUTAS PARA TRATAR LA IMPULSIVIDAD
- PAUTAS PARA EL AUTOCONTROL
- ADAPTACIONES PARA MEJORAR LA AUTONOMÍA
- ADAPTACIONES PARA LA LECTOESCRITURA
- PAUTAS PARA LA PLANIFICACIÓN Y LA ORGANIZACIÓN DEL TIEMPO
- PAUTAS PARA MEJORAR LA ATENCIÓN EN CLASE
- ESTRATEGIAS PARA LA COMUNICACIÓN
- ESTRATEGIAS PARA MEJORAR LA AUTOESTIMA
- ESTRATEGIAS PARA LAS HABILIDADES SOCIALES
- ESTRATEGIAS PARA LÍMITES Y NORMAS
GUIAS EN PDF:
- 10 CONSEJOS PARA PROFESORES CON ALUMNOS TDAH de Jesús Jarque
- GUÍA PRÁCTICA PARA PROFESORES DE SECUNDARIA
- ORIENTACIONES Y ESTRATEGIAS DIRIGIDAS AL PROFESORADO
- GUIA BREVE PARA PROFESORES
- TDAH EN EL AULA: GUÍA PARA DOCENTES
- PAUTAS DE ACTUACIÓN PARA EDUCADORES
- ENTENDER Y ATENDER AL ALUMNADO CON TDAH: GUIA PARA EL PROFESORADO
30/10/17
24/8/17
Perfiles profesionais nos ciclos formativos
Facendo clic na imaxe atoparás as ocupacións para as que capacita cada título de formación profesional organizado por familias profesionais
Fonte: TodoFP.es
14/8/17
Convocadas axudas do MEC para o curso 2017/18 para alumnado con necesidade específica de apoio educativo
O MEC ven de publicar a convocatoria de axudas para o curso 2017/18 para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
Accede á información na web do MEC facendo clic na imaxe
O prazo de solicitude remata o 28 de setembro
O prazo de solicitude remata o 28 de setembro
10/8/17
Convocadas becas xerais do MEC 2017/18 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios (universitarios e non universitarios)
O MEC ven de convocar becas de carácter xeral para o curso académico 2017/18 para estudantes de estudos postobrigatorios universitarios e non universitarios.
O prazo de solicitudes é ata
a) o 17 de outubro de 2017 para os estudantes universitarios
b) o 3 de outubro de 2017 para os estudantes non universitarios
Accede á web do MEC para máis información facendo clic na imaxe
Accede a un tutorial con instrucións para presentar a beca facendo clic aquí
23/6/17
Instrucións do proceso de admisión a ciclos formativos de FP curso 2017/18
Actualizada toda a información referida ó proceso de admisión a ciclos formativos de FP para o curso 2017/18. Para acceder á información fai clic na seguinte ligazón, onde atoparás ademáis a oferta de FP actualizada e o calendario.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
- Ordinario: do 26 de xuño ao 4 de xullo
- Extraordinario: do 1 ao 8 de setembro
22/6/17
Calendario escolar en Galicia para o curso 2017/18
Publicouse a Orde de 12 de xuño de 2017 pola que se aproba o calendario escolar en Galicia para o curso 2017/18 nos centros docentes sostidos con fondos públicos.
INICIO E REMATE DO CURSO:
- No segundo ciclo de Ed. Infantil, na Ed. Primaria e na Ed. Especial: do 11 de setembro de 2017 ao 21 de xuño de 2018.
- Na Educación Secundaria Obrigatoria, no Bacharelato e na Formación Profesional: do 15 de setembro ao 21 de xuño.
- Nas Ensinanzas de Réxime Especial: do 15 de setembro ao 30 de xuño.
VACACIÓNS:
- Nadal: do 22 de decembro de 2017 ao 7 de xaneiro de 2018
- Entroido: 12, 13 e 14 de febreiro de 2018
- Semana Santa: do 24 de marzo ao 2 de abril de 2018
DÍAS NON LECTIVOS:
- Día do ensino: 7 de decembro
- Festivos locais ou de ámbito estatal
17/6/17
Os novos criterios de titulación na ESO en Galicia
O Ministerio de Educación publicou o Real Decreto 562/2017, de 2 de xuño, coas novas e transitorias condicións para titular na ESO e no Bacharelato ata a entrada en vigor da normativa resultante do Pacto de Estado social e político pola educación.
Tralo novo marco normativo, a Consellería de Educación publica a Resolución de 9 de xuño coas Instrucións para a adopción das medidas necesarias para a aplicación do disposto no Real Decreto 562/2017, de 2 de xuño e un modelo de Consello Orientador da ESO
Os novos criterios son:
Para titular na ESO requírese
- A superación de todas as materias ou avaliación negativa nun máximo de dúas que non sexan simultaneamente Lingua Castelá e Literatura ou Lingua Galega e Literatura e Matemáticas.
- As materias coa mesma denominación en diferentes cursos considéranse materias distintas.
- Os alumnos de FP Básica poderán obter o título da ESO se superan os módulos asociados aos bloques de comúns e se o equipo docente considera que ten acadados os obxectivos e as competencias da ESO.
Consello orientador:
Ó remate de cada curso emitirase un consello orientador coa proposta do itinerario máis adecuado a seguir que formará parte do expediente do alumno.
Modelo de consello orientador
15/6/17
Distribución das materias de ESO e Bacharelato LOMCE en Galicia
Neste cadro preséntase a distribución das materias de ESO e Bacharelato LOMCE segundo o Decreto 86/2015, de 25 de xuño, polo que se establece o currículo da ESO e Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia
Fonte: Blog de Mónica Diz
6/6/17
Webs para consultar as notas de corte 2017 en toda España
Web notasdecorte.es: Para consultar por comunidade autónoma ou provincia e por carreira universitaria.
Web de El País
Web de El País
31/5/17
Caderno de información sobre a FP básica 2017
Caderno de orientación académica con información sobre a FP básica en Galicia para o curso 2017 elaborado pola compañeira orientadora Mónica Diz Besada. Moi completo e útil.
Accede á FP Básica na web da Consellería
Accede á FP Básica na web da Consellería
4/5/17
Premios extraordinarios de bacharelato 2017
INSCRICIÓNS:
Ata o 05/06/2017
REQUISITOS:
- Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2016/17 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.
- Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.
- O alumnado deberá realizar unha proba que se estruturará en dúas partes:
- 1. Primeira parte: a) Análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico ou literario. b) Resposta a cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na Primeira Lingua Estranxeira II cursada polo alumnado como materia xeral do bloque de materias troncais do bacharelato.
- 2. Segunda parte: Desenvolvemento de temas, respostas a cuestións e/ou exercicios prácticos dunha materia xeral do bloque de materias troncais cursada polo alumnado para elixir entre as seguintes: Matemáticas II, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II, Latín II, Fundamentos da Arte II.
PÁXINA WEB:
CONTACTO:
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo
Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 2, 1º andar
15781 Santiago de Compostela
Teléfonos 981 54 02 05 e 881 99 73 83
Publicación: DOG 04/05/2017
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2016/17, para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2016/17 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia.
Poderase conceder un máximo de 20 premios extraordinarios.
REMUNERACIÓN: 1.000 EUROS/premio
28/3/17
Normativa reguladora da ABAU en Galicia. Curso 2017/18
Achégase ligazón á normativa que regula a Proba de avaliación do bacharelato para o acceso á Universidade en Galicia para o curso 2017/18
9/2/17
Galicia. Probas libres para a obtención do título da ESO. Convocatoria 2017
Para maiores de 18 anos.
Prazos de matrícula:
-Convocatoria de xuño: 13 a 24 de marzo de 2017
-Convocatoria de setembro: 3 a 10 de xullo de 2017
Máis información facendo clic na imaxe
Normativa Galicia:
Orde de 10 de febreiro de 2012 pola que se modifica a Orde de 19 de febreiro de 2009 pola que se regulan as probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para persoas maiores de dezaoito anos.
12/1/17
10/1/17
Novidades na proba libre de bacherel para maiores de vinte anos
A Consellería de educación publicou nestes días a Orde de 22 de decembro de 2016 pola que se modifica a Orde de 10 de febreiro de 2012 que regula a proba para a obtención do título de bacherel para persoas maiores de vinte anos en Galicia.
As novidades afectan ás materias obxecto de exame e ás condicións para a superación parcial da proba ou exencións da mesma.
ESTRUTURA DA PROBA
Primeiro exercicio: Será común a todas as modalidades de bacharelato e terá 4 partes.
- Lingua Galega e Literatura I e II
- Lingua Castelá e Literatura I e II
- Primeira Lingua Estranxeira I e II
- Resposta por escrito a unha serie de cuestións relativas aos contidos das materias de Filosofía e Historia de España
Segundo exercicio: Terá un carácter diferenciado en función da modalidade escollida. Estruturarase en tres partes.
Primeira parte: materias troncais xerais propias de cada modalidade.
- Modaliddade de Ciencias: Matemáticas I e II
- Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais: segundo o itinerario escollido, realizaranse as probas das materias de Latín I e II ou Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais I e II,
Segunda parte: probas das materias troncais de opción
- Modalidade de Ciencias; escoller unha entre as seguintes opcións Física e Química e Física, Física e Química e Química ou Debuxo Ténico I e II.
- Modalidade e itinerarios de Humanidades e Ciencias Sociais: seleccionar unha opción entre Economía e Economía da Empresa ou Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía.
Terceira parte: probas de materias troncais de opción de modalidade.
- Modalidade de Ciencias: elexir unha opción entre Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía ou Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía.
- Modalidade e itinerarios de Humanidades e Ciencias Socias: seleccionar unha opción entre as materias de Grego I e II, Literatura Universal e Historia da Arte ou LIteratura Universal e HIstoria da Filosofía.
SUPERACIÓN PARCIAL DA PROBA: Por ter superados determinados grupos de materias do bacharelato actual ou anterior poderase validar a parte da proba correspondente (ver condicións na Orde de 22 de decembro).
8/1/17
Galicia: Probas de acceso a ciclos medios e superiores de Formación Profesional 2017
No blog de Mónica Diz atopamos un excelente resumo da convocatoria de probas de acceso a cicklos de grao medio e superior en Galicia para o 2017. Accede facendo clic na imaxe.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)