23/3/14

Maltrato infantil. Programa de sensibilización no ámbito escolar

Publicación coeditada por Rea (Asociación castellano leonesa para la defensa de la infancia y la juventud) e a Gerencia de Servicios Sociales de Castilla y León. Parte da premisa da necesidade de abordar o tema do maltrato infantil directamente na aula, do mesmo xeito que se lles ensina aos rapaces e rapazas a protexerse doutros perigos como o tráfico ou os accidentes domésticos. Os destinatarios son os mestres e mestras de Educación Infantil e Primaria e, a través deles, o alumnado deses niveis educativos como víctimas potenciais de maltrato e/ou abuso.

O libro está dividido en varias partes claramente diferenciadas: Introducción, Presentación e Anexos.  A primeira parte, titulada "Guía para los maestros y maestras" proporciona os conceptos básicos sobre maltrato infantil, resalta a importancia do mestre nestes temas, enumera os principais indicadores de malos tratos, describe que facer e como tratar ao rapaz maltratado e tamén como actuar inicialmente cos pais maltratadores. A segunda parte está dedicada a potenciar e promover, desde o ámbito escolar, estratexias de prevención do maltrato infantil, partindo de dotar aos rapaces e rapazas das competencias interpersoais necesarias. Para elo proporciona ao profesorado orientacións e suxerencias de estratexias e actividades a realizar para concienciar e desenvolver no alumnado as habilidades e conductas necesarias para protexerse e actuar ante posibles situacións de maltrato. Finalmente, nos Anexos inclúense os principais enderezos de interese, os aspectos lexislativos oportunos e a bibliografía máis relevante para profundizar nestes temas.

Para acceder á publicación, fai clic na imaxe

http://www.fapmi.es/imagenes/subsecciones/REA_MI_Programa%20sensibilizacion.pdf





No hay comentarios:

Publicar un comentario