Guía coordinada por Adela Torres Saez e editada pola Consellería de Educación da Rexión de Murcia no ano 2008. Trátase dun manual de axuda ao profesorado-titor no que se expoñen ideas, reflexións e actividades resultado das sesións de titoría, tentando promover unha interacción continuada entre a reflexión e a acción. Os temas abordados nos distintos capítulos son os seguintes:
- A titoría na educación secundaria (introducción).
- Cronograma de tarefas para o desenvolvemento da acción titorial (planificación para os tres trimestres).
- Recollida de información ao inicio do curso.
- Elección de delegado e normas de funcionamento.
- Coñecemento mutuo, autocoñecemento e autoestima.
- Educar os sentimentos.
- Relación do titor coa familia.
- Coordinación do proceso de avaliación.
- O absentismo no centro educativo.
- Recursos en Internet.
Para acceder á guía, fai clic na imaxe
Fonte: diversidad.muciaeduca.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario