23/8/14

Adaptacións curriculares para o alumnado con síndrome de Down

"Buenas prácticas en inclusión educativa: las adaptaciones curriculares" é unha guía editada por Down España no ano 2014 co obxectivo de proporcionar pautas na elaboración de adaptacións curriculares para o alumnado con síndrome de Down, válidas tamén para o alumnado con discapacidade intelectual en xeral. Destaca pola súa claridade, brevidade (26 páxinas) e utilidade. Vai dirixida a profesionais educativos e familias.

A publicación parte da premisa de que a educación inclusiva beneficia a todo o alumnado e defende a idea de que a mera presencia de alumnado con discapacidade intelectual nas mesmas aulas que o alumnado sen discapacidade non é suficiente para recoñecer ese contexto como inclusivo. Para que o proceso inclusivo sexa real, han de realizarse as oportunas adaptacións curriculares que permitan ao estudante avanzar na adquisición de coñecementos a un ritmo axeitado. 

Nos distintos capítulos abórdanse as seguintes cuestións:
  1. Como favorecer a inclusión educativa.
  2. Punto de partida.
  3. Adaptacións curriculares.
  4. Adaptacións curriculares significativas.
  5. O papel das familias na escolarización do alumnado con discapacidade.
  6. Exemplo de Adaptación Curricular Individualizada (A.C.I.)
  7. Máis información.

Para acceder á guía, fai clic na imaxe

http://www.sindromedown.net/adjuntos/cPublicaciones/156L_buenas.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada